Nadal 2011 / Xesús veu nacer o cárcere de Teixeiro

 

AO PARECER NON HABÍA OUTRO LUGAR PARA ELES

XAQUÍN CAMPO FREIRE. TEIXEIRO. NADAL 2011

(PASTORAL PENITENCIARIA).

PERONAXES: NARRADOR. FUNCIONARIO. MARÍA. XOSÉ. NENO. OS NOVE DA TABERNA.

MUSICA:   NOITE DE PAZ.

****************************************************************************

(En off e berrando ben).

NARRADOR. Todo ben ?

TODOS.- Si.

Ti, X, fas de María. Ti, X, de Xosé. Eu X son o Narrador. E ti, X., es o funcionario. Vaiche o papel   que nin pintado. Tes que actuar con cara de can. Non hai compaixón que valla.

Recordade todos : Temos que relatar as cousas como foron. -Imos empezar.

LANCE I

 

NARRADOR.- Chegou o día da festa. A sala, como vedes, está chea de público. Todos están nervosos. O X. Évos medio atravesado. A ver que sae del hoxe.Comeza a representación.

MÚSICA:

NARRADOR.- Xa vén aí o Nadal. Imos representar a chegada de Xosé a María ao cárcere de Teixeiro. Os pais de Xesús. Veñen a pé dende Mondoñedo. Xosé ficou sen traballo. Levan meses sen ingresar nin un céntimo de euro. Son verdadeiramente pobres. Dixéronlles que en Santiago precisaban agora para o Nadal un chapuzas de carpinteiro na catedral. Coñecen un homiño que falou por eles a un daqueles que tiran das cordas do botafumeiro. Veñen andado de moi lonxe e xa son varios días durmindo fóra. Non encontran pousada. Ninguén os quere acoller. Infunden sospeitas. Son sospeitosos. Desta xeira facían o traxecto da etapa de Guitiriz a Teixeiro, a próxima vila. Xa é noite. Non lles para ningún coche. De tanto andar, aí no descampado da estrada de Santiago, a María adiántanselle os sinais do parto. Ten ameazas de a romper augas. Ven luces á esquerda. Achéganse. O único edificio máis próximo que ven é o do cárcere. E aquí chegaron desesperados. Eran as seis. Noite pechada xa.

XOSÉ E MARÍA.- Pum! Pum! Pum!

FUNCIONARIO.- Que queredes?

XOSÉ.- Boa noite, señor. Vostede desculpe. Chámome Xosé. Precisamos pousada, acubillo. Vimos de moi lonxe. Desde Mondoñedo. A miña señora, María, está para ter un neno. Pode ser esta mesma noite ou agora mesmo. Non se sente nada ben. Non habemos molestar. Prometémosllo.

FUNCIONARIO.- Oh!   Non entendo nada. Este é un Centro Penitenciario. Non o vedes? Non lestes o letreiro? Na miña vida me pasou tal. Aquí non estamos para estas cousas. Ídevos e buscade pola vila. Ao cárcere chégase só por mandato do xuíz. Non así.

XOSÉ.- Xa miramos todo, señor. Todos nos din o mesmo. Tampouco temos cartos. Esta é a última oportunidade. Non nos negue esta axuda, señor. Polo que máis queira. Por Deus do ceo! Vai nacer un neno. Xa sei que este non é o sitio. Pero vai nacer un neno.

FUNCIONARIO.- Só nos faltaba recoller máis problemas aínda. Xa non temos poucos. Témolo prohibido. Teño de pechar o portalón agora mesmo. Así que, veña, …., andando! E nós temos moito que facer.

(Pausa. María chora caladiñamente).

FUNCIONARIO.- Non me escoitaron? Non hai lugar para vostedes nesta casa!

XOSÉ.- Señor, Anque sexa nun cortello. Sérvenos mesmo a casoupa do can, ao lado do can. Que vai ser de nós!

MARÍA.- Ímonos, Xosé. O señor fai o que pode. O pobriño non ten onde acubillarnos. Moitas grazas, señor, e desculpe os molestos.

FUNCIONARIO.- De nada. Váianse . Síntoo moito. Este non é o lugar. Estou moi ocupado.

(Vanse)

NARRADOR.- Así foi a historia e aquí acabou a representación que prepararon os nosos actores. Moitas grazas. (Reciban os aplausos).

(Vanse, camiñando lentamente entre o público). Música.

LANCE II

FUNCIONARIO.- (Ollando para eles. Segue enfadado consigo mesmo). (Falando para si). Non. Non pode nacer este neno aí fora co frío que vai en Teixeiro. Van morrer todos tres. A min non mas coce o corpo. Non fico tranquilo. E eu de aquí non me podo mover. O meu posto e a miña responsabilidade están aquí. Por qué sempre me tocan a min estes “marróns”? Mira que non temos xa problemas abondo aquí dentro!

Teño que facer algo, así me xogue o posto. Non hai tempo. Xa os vou perder de vista. Non hai tempo . (Sae correndo e berrando). Eh! Eh! Eh!

FUNCIONARIO.- Xosé! María! Agarden un pouco. Volvan aquí. A ver o que podo facer.Volvan. (Falando para sí) Desta non me libro. E, de ficar preso, que me metan no Módulo 7.

( Mentres volven, el empeza a chamar por Tfno). (Falando para si) Ninguén contesta. Todos están de vacacións. É un dia moi sinalado: É Noiteboa).

(Dirixíndose a Xosé e a María). Ninguén pode deixar o seu posto. E é moita a responsabilidade a que temos. Teñen que comprender! A ver quen me comprende a min despois!

(Vai andando con eles. María ten dificultades).

Senten aí. A ver se saio desta con ben. Temos aquí un localciño, que serve para gardar as escobas e mercancías da cafetaría. A ver se mentres tanto dou localizado o 061 ou algún persoal de dentro. Vai ser difícil. Hoxe ninguén está no seu sitio.

XOSÉ E MARÍA.- Señor, o meu home e máis eu non sabemos como agradecerllo. Cando naza o noso neno, e sexa grandiño el vaillo pagar ben pago. Ímoslle chamar Xesús, sabe!

(O funcionario vaise e véselle movendo caixas e outras cousas con moito apuro).

XOSÉ. Señor! Señor! Veña xa , por favor! Mire. Xa empeza a rompeu augas. Non hai espera. Deixe todo. Axúdenos!

Funcionario: (Colle unha cadeira) Sente aquí, señora. Vostede colla polos pés. Colla por aí. A ver se podemos. Levémola así para a sala da Cafetaría.

Música.

NARRADOR.- Foi unha noite de tolos. Xa non houbo tempo para nada. Houbo que atender ao parto. Pois si. Naceu na sala da cafetaría. O funcionario sacou toda a súa roupa para envolver ao neno e prestar as primeiras axudas. Cando por fin puido chamar, armouse un follón de sete estalos. A primeira con quén conseguiu contactar foi coa Directora, Dª Carmen, médica ela. Estaban para empezar a cear en familia. Non daba creto. Pensou nunha inocentada, mas ne é o día desas andrómenas. Ela deixounos a todos coa mesa posta e, tira para Teixeiro! Chegou nun plis plas. Non daba creto ao que lle contara o funcionario. Logo xa viñeron outros máis. Uns chamáronlle inxenuo. Outros avisárono de que lle ía caer o pelo. A Directora felicitouno. E el emocionouse.

E no cárcere fóronse abrindo todas as celas e houbo festa de noiteboa ate entrada a mañá. Todos foron ver o neno e aos pais. E cantáronlles vilancicos, cada un no seu idioma. Moitos, emocionados, lembraron os nacementos dos seus propios fillos. Xa na alborada, foron todos para o seu lugar no seu debido momento. Por unha vez non fixo falta pasar o reconto.

E así houbo un milagre de humanidade no cárcere de Teixeiro que deu a volta ao mundo.

FUNCIONARIO: Eu, merezo algún castigo. Seino ben. Non seguín os protocolos. O meu corazón non me permitiu deixalos abandonados. Se teño que ser castigado apando coa sanción. Teño a conciencia tranquila. (Vaise).

LANCE III

NARRADOR.- Foi toda a explicación que podía dar. Cando saíu a noticia na prensa, con fotos incluídas, velaquí o que pasou na rúa diante da taberna e do GADIS:

  1. Ramón! Xa liches o Progreso de Lugo e Correo Galego? Viches as fotos desas dúas preas?
  2. Estes eran aqueles dous moinantes que onte nos viñeron pedir pousada. Non si? Que pouco sentido.
  3. Botarse ao mundo neste tempo e cun neno a piques de nacer, ten algo que lle digan.
  4. E só se lles ocorre ir dar ao cárcere. (Risas)
  5. Alí é onde xa deberan estar eles antes. E que non saíran de alí ata que aprendan.
  6. E o neno?
  7. Que llo dean a alguén que o coide. Eles non merecen telo. Que non o fixeran.
  8. Estes non son pais nin son nada. Son uns babiáns! Botarates!
  9. Son irresponsábeis. Que mundo este! Así nos vai

NARRADOR.- Pois si. Así nos vai!

  1. Un saúdo de Nadal para todas as nosas familias.
  2. Unha palabra de alento para todos os internos de todo o mundo.
  3. Un desexo de paz para todos os funcionarios tan ben representados neste que atendeu este parto aquí en Teixeiro
  4. Parabéns para a Directora que sabe felicitar aos seus subalternos polos labores ben feitos.
  5. A ver se o 2012 é o ano de irnos xa todos nós para as nosas casas.

NARRADOR.- Amigos amigas: A nosa representación acaba aquí. Pero temos de seguila cada un, cada día, aí na vida, uns cos outros, no mundo de hoxe. (Hai barullo)

¿Que pasa? Pois, máis unha vez, parece que aínda non acabou.

LANCE IV

MARIA.- (Entrando) Non. Non acabou. Non sería correcto que nos fósemos sen vir mostrar o noso agradecemento. Queremos despedirnos dando as grazas porque permitiron que Deus viñese nacer ao noso cárcere. Da man dun funcionario que arriscou abondo. Nel saudámolos a todas e todos do funcionariado. Grazas a unha Directora que tolerou. Nela saudamos a todo o equipo directivo e administrativo. E moitas grazas aos compañeiros e compañeiras internos con quen compartimos as mesmas penas e alegrías. Mantemos a esperanza de non tardar en celebrar todos o Nadal, cadanseu nas nosas casas.

XOSÉ. Nadal é encontrar un lugar para o outro no noso corazón. Nadal din que é abrir as portas da nosa vida a tantos necesitados e a tantas necesidades. Aquí somos moita xente con necesidade de que se nos abran portas na vida. E aí fóra tamén. Se somos capaces de facelo como o fixeron comigo e coa miña María, daquela, grazas.

OS DOUS AO PAR. Daquela podemos dicir: Feliz Noiteboa!   Feliz Nadal! Feliz 2012 para todos!

Graciñas. (Saen todos a saudar ao público).

Música.

 

 

CORO

Cristo ya nacio en Palacagüina de Chepe Pavon Pavon y

una tal Maria ella va a planchar muy humildemente la

ropa que goza la mujer hermosa del terrateniente,

 

En el Cerro de la Iguana Montaña adentro de las segovias

se vio un resplandor extraño como una aurora de media

noche los maisales se prendieron, los quiebra platas se

estremecieron, llovio por Moyogalpa, por Telpaneca y

por Chichigalpa

 

CORO

Cristo ya nacio en Palacagüina de Chepe Pavon Pavon y

una tal Maria ella va a planchar muy humildemente la

ropa que goza la mujer hermosa del terrateniente.

 

Las gentes para mirarlo se rejuntaran en un molote, el

indio Joaquin le trajo quesillo en trenzas de Nagarote

en ves de oro, incienso y mirra le regalaron segun yo

supe cajetitas de Diriomo y hasta bunuelos de Guadalupe.

CORO

Cristo ya nacio en Palacagüina de Chepe Pavon Pavon y

una tal Maria ella va a planchar muy humildemente la

ropa que goza la mujer hermosa del terrateniente.

 

Cristo ya nacio en Palacaguina de Chepe Pavon Pavon y

una tal Maria ella va a planchar muy humildemente la

ropa que goza la mujer hermosa del terrateniente, la

ropa que goza la mujer hermosa del terrateniente, del

terrateniente, del terrateniente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *