Inauguración do Ambigú do Local Social de Mandiá

O vindeiro sábado, 13 de maio faremos un acto de presentación a partir das 20:00 hs para o que esperamos contar con todos os veciños, amigos, …

Abrirá o novo ambigú dende o martes 9 de maio en horario habitual:

Luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 23:00 hs

Sábados e domingos: de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 24:00 hs

Facer visibles aos invisibles / Pintar, a práctica da Terapia Ocupacional

Facer visibles aos invisibles

Actividades que teño previstas na miña exposición:

Mércores 26 de abril as 18.00 hs  acto de benvida Ximnasta  Rítmica

Venres 5 de maio as 20.30 hs actuación “perfomance” músico Robert Pier e a pintora María Pienso

 

…, e outras visitas guiadas de outras entidades máis adiante

Protección de menores e o cárcere

XAQUÍN CAMPO FREIRE. MANDIÁ, 25-04-2017.

Protección de menores e reclusión forma parte desde hai moitos anos do carisma dos amigonianos. (Relixiosos de Carlos Amigó). Foi nun Congreso de Capeláns de Pastoral Penitenciaria en Madrid onde da man dun destes relixiosos, o Padre Narbona, tiven oportunidade de coñecer a dolorosa realidade dos menores recluídos por problemas coa xustiza. Logo, novamente, nunha xuntanza del con D. Xesús, o Sr. Bispo Auxiliar de Santiago, e un grupiño de Pastoral Penitenciaria de Teixeiro.  O informe sacudiu as nosas conciencias e fíxonos unha chamada forte para prestarmos atención a este sector de pobres da nosa sociedade que pasa absolutamente inadvertido. Fiquei impresionado polos datos reais da non humanización e tamén polo silencio co que se leva este tema desde os responsábeis.

Insisto, refírese en concreto aos menores que incorren en delincuencia polas causas que sexan e que son sentenciados polos tribunais.

Tal vez deban ser incluídos nas nosas preocupacións e plans pastorais. Por iso cómpre saber deles e dos seus problemas persoais, familiares, ambientais, etc.  Incluso para ter a quen acudir en caso de precisarmos.

Alfredo Losada Suárez é delegado de Apostolado Segrar na diocese de Lugo.  Por ser serio e documentado fíxenlle hai pouco esta entrevista. Xa foi publicada na Revista Irimia e subida a facebook e twitter.

Continúa leyendo Protección de menores e o cárcere

San Xiao de Roca vida do noso Santo padroeiro con comentarios

XAQUÍN CAMPO FREIRE. 20-04-2017.

 

VIDA, ALGO FABULADA, DO NOSO SANTO PADROEIRO,

CON COMENTARIOS ENGADIDOS.

(FOLLA EDITADA PARA A CELEBRACIÓN DO S. XIAO EN ROCA NO  07.01. 2000).

NOTAS PREVIAS:  1.- Os datos entre aspas son principalmente do libro do profesor: Ferro Ruibal, Xesús, Diccionario de nomes galegos, Editorial Ir Indo, Vigo 1992. Algún outro dato é doutros autores. 2.- Os comentarios intercalados son da autoría de Xaquín Campo Freire, de Xaquín de Roca.

1.- TEXTO: «O nome de Xulián vén do latín Julianus, quen á súa vez vén da “Familia Julia”. Tén diversas variantes: Xián, Xillâo, Xullán, Xulián, Xuiâo e no feminino: Xiá».

«San Xián, parricida e hospitaleiro, é, como dí Flaubert, a versión cristiá do mito grego de Edipo. Amigo da caza, un día matou un corzo quen antes de morrer lle profetizou que acabaría matando ós seus propios pais. Pillou medo. Fuxiu e púxose, en terras moi lonxanas, a servir a un rei, quen, en recompensa polos servizos prestados, deulle o título de cabaleiro e casouno coa viúva dun señor moi rico».

Continúa leyendo San Xiao de Roca vida do noso Santo padroeiro con comentarios

San Xiao de Roca e os seus cruceiros

POR XAQUÍN CAMPO FREIRE DE XAQUÍN DE ROCA, 07 DE XANEIRO 2003.

 

Hai anos adoitaba eu na misa do día de San Xiao facerlles entrega aos meus paisanos de Roca dalgún relatorio da nosa historia común. Este pertence a 2003.

Posteriormente, sen modificar o texto orixinal, fun engadindo, corrixindo ou modificando algúns detalles en forma de notas, que me foron chegando ou eu mesmo preguntei. Espero que  sirvan elas para unha mellor clarificación.

“Non des a esquecemento”. Así o deixo eu  hoxe.para a memoria común.

Queridos amigos e conveciños de Roca:

Un ano máis temos a sorte de celebrarmos a festa do noso Padroeiro, San Xiao ou San Xulián. Un ano máis, (5, 6 e 7 de xaneiro de 2003), imos renovar a amizade e a ledicia de estarmos xuntos. Algúns acudimos á cita desde ben lonxe. Este ano parece que colle azos e leva trazas ese pulo de restaurarmos o noso templo parroquial, que xa se ven xestando desde o ano pasado. Ogallá!. Todos temos de facer un esforciño. É moi necesario. Con este motivo dedícovos outra colectánea anual. Esta vai encol dos cruceiros da nosa benquerida parroquia e algúns outros datos históricos. Na acordanza dos nosos devanceiros había tres crases de cruceiros con distintas titularidades:

Continúa leyendo San Xiao de Roca e os seus cruceiros

San Xiao de Roca e Camiño de Santiago

XAQUÍN CAMPO FREIRE, 30-03-2017.

Hai tempo escribín un artigo dicindo que a igrexa e a parroquia de San Xiao de Roca, Guitiriz, Lugo, estaba no Camiño de Santiago.

Non. Non me pegaron. Pero o trato foi coma se eu fose un soñador iluminado ou un fantasioso de lendas orientais.

Agora, novamente, volven a interrogarme e non sei ben o por que. Pero nótase que a idea anda dando voltas. Por iso é necesario aclarar conceptos que expliquen plausibelmente  certos indicios.

Antes nada cómpre ter en conta que os peregrinos eran principalmente persoas individuais. Salvo  que nalgunha circunstancia moi extraordinaria se organizasen grupos con traxectorias curtas e de pouco tempo. Esa imaxe de grupos en moreas e organizados en orixe que vemos hoxe a pé polas estradas non ten nada de parecido coa realidade de antano. A forma de vida e traballo non permitía grandes dispendios. España era pobre. Nin había tempo libre para iso. O traballo era moito, todos os brazos eran necesarios, desde os máis picariños ata os anciáns. Cada un facía aquilo que podía. A vida media era moi curta e non había un mínimo de cartos para botárense ao mundo en grupos. A saúde tampouco axudaba. E o camiño tiña características de aventura e non estaba libre de riscos e perigos.

Continúa leyendo San Xiao de Roca e Camiño de Santiago

Que ben é saber ser cada un do seu tempo

XAQUIN CAMPO FREIRE. MANDIÁ-FERROL, 12-03-2017

A vida é evolutiva. Cada época ten un xeito propio de ser nesa etapa. Vou entrar nesa decena na que maioritariamente toca xa recoller deste mundo. (Chega con levar conta da media das idades nas esquelas dos xornais).

Qohélet, o sabio do Eclesiastés 3, 1-2,  di: “Todo ten o seu momento. E cada cousa baixo o ceo ten o seu tempo. Un tempo para nacer e un tempo para morrer. Tempo de plantar e tempo de arrancar o plantado”. Andar fóra de tempo é un drama e mesmo un fracaso. Por veces un gran ridículo.

Continúa leyendo Que ben é saber ser cada un do seu tempo

A María de Piñeiros no 8 de marzo de 2017

XAQUÍN CAMPO FREIRE, 03-03-2017.

Benquerida María:

Lémbrome de ti case todos os días. Foron dez anos de convivencia veciñal moi achegada. Souben das túas alegrías e tamén das túas moitas penurias e dificultades.

Vén aí o oito de marzo, día da muller traballadora, e quero renderche a meirande gratitude. Porque te coñecín e admirei sempre a forma que tiveches de sacar a vida adiante. Moitas veces viñeches falar comigo para pedir un consello ou mesmo unha axuda para ti, para os fillos, para os teus.

Si, María. Non te fagas a despistada. Ti es esa muller, nena ou anciá, moza, casada ou viúva, sempre traballadora, que che tocou vivir en calquera das casas da nosa benquerida parroquia entre os anos 1968-1978.

Tamén te lembro, xa velliña, no Asilo-Residencia San José. Cantas veces me viñeches contar a túa vida, por veces no confesionario, outras nos mesmos corredores ou na sancristía da capela. Por veces recollín as túas bágoas, outras as soidades e tamén as alegrías cando me falabas dous teus. (Cantos deles daquela xa finados ou polo mundo adiante na emigración). E lembro aquela sor María, calquera das monxas, que daban de si o mellor que tiñan.

Continúa leyendo A María de Piñeiros no 8 de marzo de 2017