Parroquia San Pedro de Marmancón

1024px-Capela_de_San_Pedro_de_Marmancón

San Pedro de Marmancón é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ferrol. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2013 tiña 90 habitantes (48 mulleres e 42 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999cando contaba con 107 habitantes.

Capela de San Pedro de Marmancón

Exemplo de arquitectura relixiosa máis popular que culta, aínda que na súa orixe fose unha construción de templo románico ou contase no pasado cun interesante retablo barroco. Planta rectangular, cunha soa nave e presbiterio. Muros de mampostería, revogados de branco, excepto unha ampla franxa horizontal da fachada principal, onde destaca o arco da porta (de medio punto, con grandes dovelas e decoración de bólas). Cuberta a dúas augas. Consérvase a antiga pila bautismal.