“Outro Referendum”

Mandiá / SOBRE MIN TAMÉN PESA NOVA CONVOCATORIA DADO O FRACASO «OUTRO REFERENDUM»

GALICIA DIGITAL, lunes, 16 de junio de 2014.

«Velaquí un anaco de humor do noso colaborador Xaquín Campo Freire, Xaquín de Roca (que por se alguén non o sabe é crego en exercizo), que ven precedido do seguinte “introito»:

https://drive.google.com/file/d/0B8LnpoSCz8ziWGZMWXFVVWxFUDVuWVE4SGo4dXVCU292bGR3/view?usp=sharing

«Pola plenitude de facultades que me concede actualmente a constitución (estoume a referefirir á miña CONSTITUCIÓN, persoal e física), convoco asemblea democrática para decidirmos entre todos o futuro no que afecta á miña etapa sucesoria, non lonxana, xa que acabo de cumprir 77 anos.

Por tanto, cantos se consideren coas condicións debidamente requiridas por un pobo libre, ceibe e soberano, poden optar, en 1ª convocatoria, ao exercicio que tal servizo esixa nas próximas xeiras. A tarefa é dura. Porén vale a pena optar.

O meu reino non é deste tinglado, nin deste sistema, nin é deste mundillo.

Polo tanto, proclamo aberto o proceso, con opcións para homes e mulleres, en réxime igualitario e sen ningunha preferencia, salvo a de mellor servir.

Eu xa vivín outro OUTRO REFERENDUM HISTÓRICO: “CATÓLICO: EN EL REFERENDUM, VOTA SI (ANO 1947: Lembro ben aquela propaganda).

Acabo de cumprir 77 anos de idade. Un máis do que o rei.
E xa que andamos en época de cambios, “realmente” fundamentais, eu tamén me vexo na obriga de abrir un novo proceso sucesorio, constituínte e democrático.

Por tanto: Despois de cincuenta e un anos de Párroco declárome suficientemente amortizado e poño o meu posto á libre disposición.

Por iso convoco formalmente un referendum á Sé Parroquial.

 

Dado en Mandiá-Ferrol, a 06-06-2014.

 

(E el haberá moitas opcións que pugnen polo meu posto? Aceptarán todos ao meu sucesor? Haberá quen?

Un saúdo con saúde, con humor e agarimoso.

Xaquín Campo Freire. ‘Xaquín de Roca’.

 

Dado tamén no PRINCIPADO de ROCA e SEÑORÍO DE FONTREXE».

 

(Publicado en GALICIA DIGITAL o 06-06-2014).

 

 

NOTA ACTUALIZADA:

Agora xa teño oitenta anos. Aquel referendum non chegou a celebrarse por falta de quorum. Tampouco ninguén apareceu para tomar a miña sucesión e sigo onde estaba.

Por agora non me fixo falta irme en aplicación do 155. No futuro, xa Rajoy dirá. Supoño que me sustituirá a Señora Santamaría, con nome de santa e filla de general.

Cando lle dixeron á miña prima. “Tes un mozo moi feo”, respostou: “Como bombillas Philips: mejores no hay”.

A vida éche así! Que lle imos facer.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *