Categoría: Parroquia

A Parroquia

¡¡¡ Eu renazo galego !!!

XAQUÍN CAMPO FREIRE 14-01-2011

Non. Non me vou eu apropiar do que non È meu. Non quero que me ìpilleî a futura lei Sinde. Foi este un lema que fixo Època dende hai 33 anos e percorre o mundo.

Abonda con pÛr a frase en calquera buscador na internet e aparecer· ben nidio o seu alcance. Incluso est· en moitos poemas, mesmo musicados, por entendidos nesas artes. Quen o soubo recoller e espallar, como utopÌa e lema propio, foi XosÈ Chao Rego.

(más…)

Ven Don Benigno, ven valedor, ven salvador

 

XAQUÍN CAMPO FREIRE. NARÓN-, 13-12- 2011. (SANTA LUCÍA ME CONSERVE A VISTA).

 

Os que se chaman cristiás andan agora polo Nadal enganando á xente. Fálanlles dun Mesías. Andrómenas! Non temos máis mesías que o Divino Don. Don Benigno! Non vos deixedes enganar. O único salvador é Don Benigno, o des-Valedor do pobo.

(más…)

Santa Uxía de Mandiá

XAQUÍN CAMPO FREIRE / SANTA UXÍA DE MANDIÁ, SETEMBRO 2012

Once de setembro. Imos ter festa. Quero achegar algo referente á nosa historia que vén de moi antigo. Somos “O Señorío de Mandiá” foi importante na Galiza. (Vila Mandilanis, O Casal de Mandila). Desta familia foron oriúndos dous célebres bispos: Don Rodrigo de Mandiáa e D. Xosé Francisco Bermúdez de Mandiá. O primeiro, un excelente xurista e o sobriño neto, un bo teólogo bíblico. Deixaron escritos moi importantes. A Enciclopedia Galega fálanos deles.

(más…)

Respecto e convivencia

XAQUÍN CAMPO FREIRE.- FONTE DA CRUZ, 17-05-2012. LETRAS GALEGAS.

 

Daquela eu aínda non sabía que había módulos de respecto. Foi unha das grandes e gratas sorpresas que atopei nos meus primeiros contactos de voluntariado no Centro Penitenciario.

(más…)

O Códice Calixtino e a Lingua Galega I

XAQUÍN CAMPO FREIRE. Fonte da Cruz.10-07-2012.

A tía Sabina de Agramonte, a nosa costureira cando ficamos sen nai, era unha muller sumamente intelixente. Hai que saber ler para hoxe e para o futuro, dicía. Coleccionaba historietas dos cegos. Catro por unha peseta na feira de Parga. E logo sacáballe punta a todo. Velaquí, en síntese, dúas delas e uns ganduxos de reflexión para chegarmos ao fondo da vida

(más…)

Bernardo Cendán, Ferrol e o Purgatorio

XAQUÍN CAMPO FREIRE. MANDIÁ, 23-06-2012.

O sábado, o día 30 deste mes de S. Xoán, ás 18 horas, na túa Igrexa do Muelle, Nª Sª do Socorro, teremos para ti, benquerido Bernardo García Cendán, unha oración de despedida. Non faltes. Se te retrasas un chisco, xa sabemos. Desculpámoste. Chegarás.

Se eu fose poeta coma ti, músico coma ti, filósofo coma ti, teólogo coma ti, sociólogo coma ti, crego coma ti, …, e tantos etc. coma ti, faríache….

(más…)

Asamblea Anual do cemiterio

DOMINGO, 28 DE OUTUBRO DE 2012 ,

ÁS 11:30 HORAS, NA IGREXA DE MANDIÁ

 

ORDE DO DÍA:

MEMORIA DO ANO 2011-2012.

ESTADO DE CONTAS.

PROXECTOS 2012-2013.

 

INTERESA MOITO A ASISTENCIA.

 

A Comisión do Cemiterio.

MANDIÁ, 21 DE OUTUBRO DE 2012

 

Sdo. Xaquín Campo Freire

 

 

ASEMBLEA ANUAL DO CEMITERIO 2012

 

MANDIÁ, 28-10-2012, ÁS 11:30 HORAS, NA IGREXA.

 

MEMORIA DO ANO 2011-2012

  • PAGO DE RECIBOS. INFORME.
  • – (ALGÚNS SON POR DESPISTE OU DESINFORMACIÓN).
  • REPARACIÓNS VARIAS (POR PRESTACIÓN GRATUÍTA DA COMISIÓN).
  • AS NOVAS ESCALEIRAS, HOMOLOGADAS, VAN MELLOR E MÁIS SEGURAS.
  • OUTROS GASTOS MENORES: DETALLARANSE NA ASEMBLEA.

 

PROXECTOS e ASUNTOS PARA 2012-2013.

  • PERMISO DA XUNTA DE GALIZA E MUNICIPAL PARA OBRAS. HAI SANCIÓNS.
  • VIXIAR AS FENDAS DOS NICHOS ANTES DE ENTERRAR. OLLO Á SANIDADE.
  • OS CRAVOS DAS URALITAS, OXIDADOS, REBENTAN OS NICHOS.
  • NÉSPORAS NO CEMITERIO. COIDAR OS NICHOS E AVISAR.
  • EXPEDIENTE DE TRANSMISIÓN DE PROPIEDADE. CONSULTA Á PARROQUIA.
  • CORTAR AS ÁRBORES DO ADRO. PERIGAN O MURO E OS NICHOS.
  • ANIMAIS NO CEMITERIO. PECHAR, AO SAÍR CADA UN. HAI QUEN TRAE CANS.
  • ROGOS E PREGUNTAS. QUEIXAS.

 

ESTADO DE CONTAS: A 01 DE OUTUBRO DE 2012.

.- SALDO ANTERIOR.- (A 01-10-2011):                                      1.153,00 €

.- INGRESOS REAIS 2012:(2.726 Mandiá + 385 Marmancón). TOTAL  3.111,00 €

.- ACTIVO ACTUAL 2012: (SALDO + INGRESOS)                           4.264,00 €

.- GASTOS 2012: (1200+1200= 2.400: Cheque + 100,00 por VARIOS).   2.500,00 €

.- DIFERENCIA: (INGRESOS: 4.264 – GASTOS- 2.500)                    1.764,00 €

.- SALDO ACTUAL (a 01-10-2012):                                             1.764,00 €

.- TOTAL FINAL A 01-10-2012, CON SUPERAVIT REAL                   1.764,00 €

 

NOTA: ESTAMOS PENDENTES DAS REPERCUSIÓNS DOS NOVOS IVA.

 

Tfno. da Compañía PARA RETIRAR AS COROAS: 981 38 34 48

ACTOS DE DEFUNTOS EN MANDIÁ 2012.- MISAS:

 

ÁS 11 DA MAÑÁ: 1, 2   DE NOVEMBRO.

 

ÁS 6 DO SERÁN:  1, 2, DE NOVEMBRO.

 

GRACIÑAS A TODA A PARROQUIA E DE MANEIRA ESPECIAL Á COMISIÓN.

 

MANDIÁ, 21 DE OUTUBRO DE 2012.

 

O PÁRROCO. Xaquín Campo Freire.

 

A Lenda do “Cristo eléctrico” de Mandiá

cristo lectrico mandia

 XAQUÍN CAMPO FREIRE. 11-09-2012

0 23 de agosto de 2012 no Diario de Ferrol, na sección OPINIÓN, páxina 22, aparece esa fotografía da autoría de don Jorge Meis, acompañada desta breve nota:

CÁMARA VIAJERA. Cristo eléctrico. El crucifijo de la imagen lleva mucho tiempo en Mandiá. Quien lo haya puesto muestra, se intuye, la suficiente devoción como para utilizar un poste de la luz y la sujeción de la cajas eléctricas para fijarlo, como si de un moderno ≪cruceiro≫ se tratase. Más de un consagrado artista no lo hubiese, tal vez, hecho mejor.”

Cando algo se converte en lenda, normalmente, non se lle saben ben as orixes exactas. E, loxicamente, a imaxinación popular ou alguén interesado bótase na procura dunha explicación probábel que seguramente non vai coincidir coa realidade dos feitos tal como foron en si.

(más…)

Página siguiente » « Página anterior