Pepe Chao Rego foille fiel á vida

XAQUÍN CAMPO FREIRE. MANDIÁ-FERROL, 10-12-2015.

Agora que finou, a moitos revólvenos por dentro a pregunta: Quen foi realmente Pepe Chao Rego? A Pepe Chao fíxoo a vida. A actitude fundamental nel foi responderlle con sinceridade, con coherencia, con honestidade radical á vida en cada intre vital da súa existencia. E ese foi un dos seus meirandes méritos. Sempre se confesou profundamente crente, pero non crédulo. Por iso nunha lectura crente da existencia, pero profundamente crítica, soubo escoller e atinar nas encrucilladas da vida que lle tocou vivir ata o seu pasamento. E agora tamén. Correndo riscos ben dolorosos revisou sempre todo o seu ser e saber, e a súa creatividade, ao contraluz da realidade e da fe que para el, sen exclusións nin exclusivismos, estivo ancorada na revelación de Deus, no acontecer cotián de El da historia. De aí saíu ese inxente estudo sobre a Biblia. E de aí tamén un achegamento sincero as fonduras das outras relixións.

Continúa leyendo Pepe Chao Rego foille fiel á vida

Fóisenos Pepe Chao

Fóisenos Pepe Chao, o escritor de pro e o literato.
Pero as profundidades do home Chao e o seu evoluir vital,
fican máis na sombra.
Cómprenos, polo menos aos de Ferrol, desvelar xa sen medos,
como xurdiu de entre nós ese home.
Un día liderei o recoñecemento del nese monólito:
“Parque Xosé Chao Rego”, en Santa Mariña.
Hoxe vese ben que foi un acerto:
Ese monumento está sempre cheo flores.
Por algo será.
Lástima dunha boa fotografía, cousa que eu non controlo.
Por abril imos facer unha semana cultural arredor da súa figura.
Que hai detrás?
Un home e a súa obra que cómpren coñecérense mellor.
Porque Galiza merece saber o máis posibel dos seus fillos.
Unha aperta e bo Nadal. Xaquín Campo Freire.

A Pepe Chao Rego, mestre de vida e amigo, coma nunca, gaciñas

MANDIA-IGREXAVELLAIgrexa Vella de Ferrol

XAQUÍN CAMPO FREIRE. MANDIÁ-FERROL, 28-11-2015.

Querido Pepe Chao: Hoxe van ser moitos os que falen e  escriban de ti. Cada un farao desde o seu universo referencial emotivo. E entre todos iremos poñendo as teselas paraun mosaico datúa inesgotábel personalidade e inmensa creatividade.

A miña ligazón agradecida contigo vén de moi lonxe. Setembro de 1955. Desde entón xa foi un continuum. Hoxe quero reafirmar esa fidelidade de mutua amizade “sen que a morte nos separe”.

Quero retomar algo que escribín o mércores27 de octubre de 2010 porque,máis aló da nosa amizade persoal, isto reflicte mellor a nosa relación comunitaria vista desde Ferrol, onde traballamos xuntos tanta xente e tanto tempo. Velaquí a memoria:

Continúa leyendo A Pepe Chao Rego, mestre de vida e amigo, coma nunca, gaciñas

Carta aberta para Balbino na morte do seu pai

XAQUÍN CAMPO FREIRE DE ROCA, 27-11-2015.

Querido Balbino:

Conmóveme profundamente verte chorarhoxe. Porque eu tamén choro. Coñecémonos desde hai corenta e seis anos. Foi da man dun amigo común, D. Manuel Espiña Gamallo. Cando me falou aquel día de teu pai e de ti fiquei prendado de vós. Canto vos queremos na miña familia desde o día que eu vos metín nacasa da miña nacenza! Mesmo me parece coma se fósemos dos primos máis levados. E de verdade é así. En vós atopamos sempre o mellor retrato de familia. A tal punto que desde daquela os nosos cans non quixeron outro nome que non fose o de Pachín. E cando ían morrendo, no testamento dos cans, tamén tiñan disposto seren soterrados debaixo da cerdeira das cereixas grandes que nos facían devecer a todos. Ao quitármoslles as coias. alí estabanos dentes dos nosos Pachíns que desde o seu ceo nos levaban a outras lembranzas máis fondas, coma cando che morreu o padriño: “Eu non entendo as caras do mundo” dicías ti.“Que desexos teño de ser grande!”.  E agora que xa o somos e estamos a chorar os dous polo teu pai, eu non sei se ti chegaches a entender as caras do mundo. Eu, de todo, non.

 

Querido Balbino. Faleiche do Padre Manuel Espiña, moi amigo do teu pai, hoxe defunto.No ano 1969, nun encontro con moita xente,presentouse un libro que fala de ti. Cando hoxe souben a nova collín outra volta con grande respecto e emoción o libro. Ten o número 39 dunha edición numerada. Paseniñamente funme achegando á pasta. Mirei aqueles ollos grandes na parte baixa da fiestra. E na parte alta:“MEMORIAS DUN NENO LABREGO”. E parei moito tempo fixándome en min mesmo: No Balbino que fun e sigo a ser. Na aldea de Roca. Nos nenos labregos e pobres que eramos todos. Que ben nos coñeceu o teu pai! Porén, os ollos medráronme aínda máis e o corazón encolléuseme, cando vexo que o teu pai do seu puño e letra escribiu para min: “Cordialmente. José Neira Vilas”.

 

Pasei dúas follas e enchinme de rabia. Atopeime coa traizón. O teu pai está sendo asoballado na súa sagrada memoria polos que teñen e temos a obriga de facerlle honras. Vexo nun xornal de onte que a un 40 % de nenos da Galiza nin lles amosan unha palabra de lingua galega nos colexios.  E o libro está dedicado “A tódolos nenos que falan galego”.

 

Mañá estarán contigo, querido Balbino, en primeira fila para as televisións, os que son os máximos responsábeis desta desfeita: Son os do bilingüismo harmónico. Galiza, como Roma, non pagará nunca a traidores.

 

No 1960, en Buenos Aires, ao final do caderno que teu pai lle deu ao Alberte escribe así: “Hai quen di que todo o que nos acontece está sinalado de antemán. Eu non creo tal cousa”. Pois eu tampouco.

 

Bicos, Balbino, e honra para o teu pai.

Un achegamento mínimo á situación da poboación reclusa

XAQUÍN CAMPO FREIRE  11-XI-2015

Só uns puntos de reflexión, tipo telegrama, para achegármonos minimamente a esta realidade tan ampla e complexa que nos afecta persoalmente a todos e a cada un.

Galiza non ten transferidas as competencias Penitenciarias. A situación da poboación reclusa en termos xerais é a de España, salvo Cataluña e algunhas ao País Vasco, sobre todo en sanidade.

Os reclusos galegos, como o resto, están espallados por todo o Estado, incluídas as Canarias. Pero na Galiza temos cárceres e presos, que son nosos, e deben doernos. Os presos estranxeiros tamén son nosos e doen igualmente.

Continúa leyendo Un achegamento mínimo á situación da poboación reclusa

En la cárcel están los más pobres de la sociedad

Religión Digital España

Director de Pastoral Penitenciaria de Orihuela-Alicante

clipping

Ignacio Blasco: “En la cárcel están los más pobres de la sociedad”

Afirma que la crisis provoca “presos que nunca lo hubieran sido”

Redacción, 01 de diciembre de 2011 a las 16:32

Blasco: “Las campañas carcelarias no causan simpatía, porque los presos no dan votos”

Continúa leyendo En la cárcel están los más pobres de la sociedad

Nadal 2011 / Xesús veu nacer o cárcere de Teixeiro

 

AO PARECER NON HABÍA OUTRO LUGAR PARA ELES

XAQUÍN CAMPO FREIRE. TEIXEIRO. NADAL 2011

(PASTORAL PENITENCIARIA).

PERONAXES: NARRADOR. FUNCIONARIO. MARÍA. XOSÉ. NENO. OS NOVE DA TABERNA.

MUSICA:   NOITE DE PAZ.

****************************************************************************

(En off e berrando ben).

NARRADOR. Todo ben ?

TODOS.- Si.

Continúa leyendo Nadal 2011 / Xesús veu nacer o cárcere de Teixeiro

De la cárcel se sale, amigo. No te rindas

XAQUÍN CAMPO FREIRE. 20-08-2012.

 

(Meditación personal desde Benedetti). Compañero amigo, amigo del alma. Cuantas veces he visto lo imposible pisando mis talones en mis proyectos de vida con la tentación de dejarlo todo. Alguien se acercó y me susurró, suavemente, allá muy adentro: No te rindas. Quizás fue ese hijo, ese tan pequeño, de mirada limpia y ojos suplicantes: Papá, no te rindas. He visto las lágrimas de una madre buena, con rostro gastado, que me dio la vida: No te rindas. En el silencio de la noche y en la soledad de mis días un amor me grita: Por favor, no te rindas.

Continúa leyendo De la cárcel se sale, amigo. No te rindas