Categoría: Mandiá

Unha das sete parrroquias do rural ferrolano

A Pepe Chao Rego, mestre de vida e amigo, coma nunca, gaciñas

MANDIA-IGREXAVELLAIgrexa Vella de Ferrol

XAQUÍN CAMPO FREIRE. MANDIÁ-FERROL, 28-11-2015.

Querido Pepe Chao: Hoxe van ser moitos os que falen e  escriban de ti. Cada un farao desde o seu universo referencial emotivo. E entre todos iremos poñendo as teselas paraun mosaico datúa inesgotábel personalidade e inmensa creatividade.

A miña ligazón agradecida contigo vén de moi lonxe. Setembro de 1955. Desde entón xa foi un continuum. Hoxe quero reafirmar esa fidelidade de mutua amizade “sen que a morte nos separe”.

Quero retomar algo que escribín o mércores27 de octubre de 2010 porque,máis aló da nosa amizade persoal, isto reflicte mellor a nosa relación comunitaria vista desde Ferrol, onde traballamos xuntos tanta xente e tanto tempo. Velaquí a memoria:

(más…)

Carta aberta para Balbino na morte do seu pai

XAQUÍN CAMPO FREIRE DE ROCA, 27-11-2015.

Querido Balbino:

Conmóveme profundamente verte chorarhoxe. Porque eu tamén choro. Coñecémonos desde hai corenta e seis anos. Foi da man dun amigo común, D. Manuel Espiña Gamallo. Cando me falou aquel día de teu pai e de ti fiquei prendado de vós. Canto vos queremos na miña familia desde o día que eu vos metín nacasa da miña nacenza! Mesmo me parece coma se fósemos dos primos máis levados. E de verdade é así. En vós atopamos sempre o mellor retrato de familia. A tal punto que desde daquela os nosos cans non quixeron outro nome que non fose o de Pachín. E cando ían morrendo, no testamento dos cans, tamén tiñan disposto seren soterrados debaixo da cerdeira das cereixas grandes que nos facían devecer a todos. Ao quitármoslles as coias. alí estabanos dentes dos nosos Pachíns que desde o seu ceo nos levaban a outras lembranzas máis fondas, coma cando che morreu o padriño: “Eu non entendo as caras do mundo” dicías ti.“Que desexos teño de ser grande!”.  E agora que xa o somos e estamos a chorar os dous polo teu pai, eu non sei se ti chegaches a entender as caras do mundo. Eu, de todo, non.

 

Querido Balbino. Faleiche do Padre Manuel Espiña, moi amigo do teu pai, hoxe defunto.No ano 1969, nun encontro con moita xente,presentouse un libro que fala de ti. Cando hoxe souben a nova collín outra volta con grande respecto e emoción o libro. Ten o número 39 dunha edición numerada. Paseniñamente funme achegando á pasta. Mirei aqueles ollos grandes na parte baixa da fiestra. E na parte alta:“MEMORIAS DUN NENO LABREGO”. E parei moito tempo fixándome en min mesmo: No Balbino que fun e sigo a ser. Na aldea de Roca. Nos nenos labregos e pobres que eramos todos. Que ben nos coñeceu o teu pai! Porén, os ollos medráronme aínda máis e o corazón encolléuseme, cando vexo que o teu pai do seu puño e letra escribiu para min: “Cordialmente. José Neira Vilas”.

 

Pasei dúas follas e enchinme de rabia. Atopeime coa traizón. O teu pai está sendo asoballado na súa sagrada memoria polos que teñen e temos a obriga de facerlle honras. Vexo nun xornal de onte que a un 40 % de nenos da Galiza nin lles amosan unha palabra de lingua galega nos colexios.  E o libro está dedicado “A tódolos nenos que falan galego”.

 

Mañá estarán contigo, querido Balbino, en primeira fila para as televisións, os que son os máximos responsábeis desta desfeita: Son os do bilingüismo harmónico. Galiza, como Roma, non pagará nunca a traidores.

 

No 1960, en Buenos Aires, ao final do caderno que teu pai lle deu ao Alberte escribe así: “Hai quen di que todo o que nos acontece está sinalado de antemán. Eu non creo tal cousa”. Pois eu tampouco.

 

Bicos, Balbino, e honra para o teu pai.

NA GALERÍA SARGADELOS DE FERROL, O SÁBADO, DIA 14 DE NOVEMBRO, ÁS 18:00 HORAS, HAI UNHA PRESENTACIÓN XEITOSA.

MANDIA-REVISTA ENCRUCILLADA

 

Que é Encrucillada

Encrucillada é unha publicación bimestral que desde o 27 de febreiro de 1977 aparece ininterrompida e puntualmente en números de cen a cento vinte páxinas que conteñen artigos de diversa factura e extensión.

Editada inicialmente por SEPT, actualmente conta con total autonomía de edición, e a súa redacción e administración ten a súa sede en Santiago. Desde o inicio da súa andaina foi dirixida polo teólogo e académico Andrés Torres Queiruga, teólogo e profesor da Universidade de Compostela, que segue á frente da Asociación Encrucillada. Actualmente é dirixida por Pedro Castelao, teólogo e profesor da Universidade Comillas.

Un achegamento mínimo á situación da poboación reclusa

XAQUÍN CAMPO FREIRE  11-XI-2015

Só uns puntos de reflexión, tipo telegrama, para achegármonos minimamente a esta realidade tan ampla e complexa que nos afecta persoalmente a todos e a cada un.

Galiza non ten transferidas as competencias Penitenciarias. A situación da poboación reclusa en termos xerais é a de España, salvo Cataluña e algunhas ao País Vasco, sobre todo en sanidade.

Os reclusos galegos, como o resto, están espallados por todo o Estado, incluídas as Canarias. Pero na Galiza temos cárceres e presos, que son nosos, e deben doernos. Os presos estranxeiros tamén son nosos e doen igualmente.

(más…)

Capela de San Pedro de Marmancón

1024px-Capela_de_San_Pedro_de_Marmancón

San Pedro de Marmancón é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ferrol. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2013 tiña 90 habitantes (48 mulleres e 42 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999cando contaba con 107 habitantes.

Capela de San Pedro de Marmancón

Exemplo de arquitectura relixiosa máis popular que culta, aínda que na súa orixe fose unha construción de templo románico ou contase no pasado cun interesante retablo barroco. Planta rectangular, cunha soa nave e presbiterio. Muros de mampostería, revogados de branco, excepto unha ampla franxa horizontal da fachada principal, onde destaca o arco da porta (de medio punto, con grandes dovelas e decoración de bólas). Cuberta a dúas augas. Consérvase a antiga pila bautismal.

Piñeiros. O estanco . Emilio e Ermitas

XAQUÍN CAMPO FREIRE / NARÓN, 12-09-2015

 

Non hai historia grande se non hai micro relatos veraces e obxectivos que partindo desde o pobo, desde as experiencias vivas e vividas, sirvan logo como fontes para que o científico poida elaborar uns macro relatos ben acaídos nunha historia mais ampla.Unha cousa é certa. Primeiro é a historia sucedida e real. Logo xa virán os historiadores.

Cando estudamos algo cómpre centrarmos ben o cando, o onde, o como e quen foron os protagonistas. Falarei dos anos 1968-1978. Pero somos herdeiros dunha historia que vén xa de moito atrás. Este meu pequeno relato sobre PIÑEIROS, O ESTANCO, EMILIO E ERMITAS é como un aglutinador nunha encrucillada de

(más…)

Mandiá a través da historia

Lugares de Mandiá

Página siguiente » « Página anterior