Mes: mayo 2018

Asamblea Xeral Extraordinaria da A VV de Mandiá

Se celebrará na Asociación o vindeiro 18 de maio as 20:00 hs en 1ª convocatoria e as 20:30 en 2ª convocatoria no Local Social coseguinte Orde do Día:

1º Lectura e aprobación da Acta anterior

2º Exame e aprobación da Memoria de actividades 2017

3º Exame e aprobación das contas e balances 2017

4º Exame e aprobación presuposto ingresos/gastos 2017

5º Exame e aprobación de cuotas anuais

6º Rogos e preguntas

 

Ferrol, 24 de abril de 2018

D Samuel Bastida López / Presidente

Asamblea Xeral Extraordinaria da A VV de Mandiá

Se celebrará na Asociación o vindeiro 18 de maio as 20:45 hs en 1ª convocatoria e as 21:15 en 2ª convocatoria no Local Social coseguinte Orde do Día:

1º Pista Polidepotiva e negociacións co Concello polo convenio de cesión

2º Modificación das condicións do convenio de cesión para a pista polidepotiva

 

Ferrol, 24 de abril de 2018

D Samuel Bastida López / O Presidente

Convivencia cos nosos maiores en Mandiá / 12 e 13 de maio 2018

UN AGRADECEMENTO EMOCIONADO AOS NOSOS MAIORES

  • POÑAMOS UNHA FLOR DE PRIMAVERA NA VIDA DOS MAIORES
  • UNHA HOMENAXE PARA OS NOSOS ANCIÁNS E ANCIÁS.
  • TENDELO BEN MERECIDO.
  • QUEREMOS ENCHER DE VIDA A NOSA PARROQUIA

 

OBXECTIVO:

  • Somos unha familia e queremos celebralo.
  • Saírmos das casas para sabermos uns dos outros.
  • Vérmonos fisicamente. Non perdérmonos as caras.
  • Unir o mundo dos maiores e o mundo dos novos.
  • Se nos encerramos perdémonos de vista e perdemos vida.
  • Festexarmos xuntos e falármonos con paz e tranquilidade.
  • Volvermos á vida da parroquia aínda que sexa por un día.
  • Celebrarmos a vida dos vivos e a memoria dos anteriores
  • Recordarmos agradecidos aos nosos anteriores.

 

PROGRAMA:  

LUGAR: IGREXA PARROQUIAL DE MANDIÁ

  • DÍA 12, SÁBADO: A CONVIVENCIA DA PRIMAVERA

5 TARDE: MERENDA, FESTIÑA E DIVERTIMENTOS

 

  • DIA 13, DOMINGO, Nª Sª DE FÁTIMA.

12 DA MAÑÁ: MISA E PROCESIÓN

 

vinde todos a festa !!!