Día: 16 noviembre, 2017

Samaín en Mandiá

sábado 18 de novembro no Local Social

17:45 hs Espectacular Festa do Samaín para os nenos con música acompañada de efectos e a actuación musical do Grupo de Animación:

Nova Onda Ferrol

20:00 hs degustación de castañas e bolos preñados

Ramón Marful: A sorte de encontrar na vida persoas tan boas

 

XAQUÍN CAMPO FREIRE. MANDIÁ-FERROL, 14-11-1017.

 

Este vaise e aquel vaise.

Nestes días,

xa van catro nesta banda.

 

Cando se van os amigos

Morre moito aló na alma!

 

Xa quixera ter eu a túa bondade esencial e a túa autenticidade.

Xa quixera para min a túa amabilidade e o teu saber

para desdramatizar aquilo que mesmo parecía terríbel.

Xa desexaría eu ser un home de fe e vida interior

envolta sempre nun amor tan limpo e solidario do que nos deixas exemplo.

Xa me atrevería a pedirche que a paz e a calma

con que afrontabas a vida e os contratempos

nola deixases en herdanza por quintais métricos

multiplicados con ese humor sereno

e, por veces, un pouco pícaro.

(más…)