Xosé Manuel Carballo Ferreiro. Alén, S/N

XAQUÍN CAMPO FREIRE. XAQUÍN DE ROCA, 05-11-2017.

Amigo Xosé Manuel:

Sobre todo, grazas inmensas polo enorme traballo que deixas feito en tantísimos eidos da nosa Galiza.Tanto amor, tanta fe, tanto humor.

Grazas pola esperanza que fixeches nacer en nenos e grandes. Grazas pola sinceridade sempre envolta en tenrura e agarimos. Sempre sinceridade radical que colocaba a cada un ou unha fronte á súa propia verdade.

Cando fagas unha velada de humor fálalles de nós a toda a nosa boa xente desa nova maneira de serdes e estardes, nese xeito novo de vivirdes unha vida plena: o Alén.

Moito che temos oído falar del. Mesmo nolo tes metido polos ollos nos teus xogos, adiviñanzas e brincadeiras. E xa non che digo nada nos contos e artigos que deixaches. Dilles aos do Alén que a loita segue, pero que o mundo avanza.

Continúa leyendo Xosé Manuel Carballo Ferreiro. Alén, S/N